miércoles, 22 de julio de 2009

Acto sexual



Susurra ao granito serpes de cabarets nados
Entreabre a telaraña de cipreses censurados
Xunto ao cabo xorden doces lagoas leitosas
O demiurgo observa morboso as roídas foxas

Sodomiza ao felino
Engulle o fluído supino
Navega polo orgasmo
feminino

Corre lixeiro polo cortalumes hedonista
Oníricas sereas axudan ao pianista
Na noite escura mergúllase nos suaves seos
Tenta ao sexo nunha pelexa co desenfreo
Relámbese fogoso o leito do cadaleito
Orondo do seu traballo fica no agasallo
Lenta viciosa a mantis chupa o húmido talo

1 comentario:

  1. Hermoso.

    Aunque aun no tengo muy claro lo q pretendes espresar...

    Pero como todo lo que escribes...

    Bello

    ResponderEliminar