
tornaches sen vergoña no ventre do costume
co xénero trabucado -na terra rancia-
quixeches xogar ás apalpadas co lume
ficaches en min cos ollos do mariñeiro
que chega a porto falto de amor
e con diñeiro
querías degustar a pasiflora da Igrexa
pero eu non coñezo pólas lonxanas…
advirto non sei rubír
teño medo de petar co teito
que medrar é perigoso
cando se ten bo peito
deixácheste levar muller impía
na cova pracenteira da palleira
a Igrexa xa non te vía
húmida goma de mascar
montañas castrexas
autoestrada infinita
e esa doce auga salobre…
muller impía
pasiflora trabucada de vía
desterrada do costume
as emanacións de augardente
non borrarán a imaxe do xogo
do lume
co xénero trabucado -na terra rancia-
quixeches xogar ás apalpadas co lume
ficaches en min cos ollos do mariñeiro
que chega a porto falto de amor
e con diñeiro
querías degustar a pasiflora da Igrexa
pero eu non coñezo pólas lonxanas…
advirto non sei rubír
teño medo de petar co teito
que medrar é perigoso
cando se ten bo peito
deixácheste levar muller impía
na cova pracenteira da palleira
a Igrexa xa non te vía
húmida goma de mascar
montañas castrexas
autoestrada infinita
e esa doce auga salobre…
muller impía
pasiflora trabucada de vía
desterrada do costume
as emanacións de augardente
non borrarán a imaxe do xogo
do lume
No hay comentarios:
Publicar un comentario